www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Veciños de Cesantes reclaman a retirada dos tubos depositados no campo de fútbol de San Pedro
Sociedade • 28/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

En total son seis grandes tubaxes de poliéster duns 12 metros de longo por uns 60 centímetros de diámetro que foron descargados neste campo de fútbol, dedicado hoxe en día a zona de recreo, o pasado 15 de xuño. Os veciños presentaron xa un escrito no rexistro do Concello, no Xulgado de Redondela e no departamento de Medio Ambiente da Xunta solicitando a retirada deste elementos que ao seu entender supoñen un grave perigo para as vivendas que se atopan na proximidade.


Un escrito que ven asinado por un total de 24 veciños quen amosan a súa preocupación pola existencia neste antigo campo de fútbol destas tubaxes de grandes dimensións "dun material altamente inflamable e moi tóxico" o que supón "un risco de incendio e unha importante ameza para as vivendas que se atopan nas proximidades". Ademais explican "co tempo "poderían converterse nun foco de infección e lixo".


Engaden que estas tubaxes estiveron durante anos depositas na explanada da lonxa do Porto de Cesantes e que serían propiedade da Comisión de Festas do Carme de Cesantes, que logo de teren que retiralas de dito lugar trasladáronas a este terreo que a día de hoxe está dedicado a zona de recreo veciñal. Por este motivo solicitan información sobre se esta comisión contaba con permiso para depositar material neste espazo público. Finalmente reclaman que estes elementos "sexan retirados do lugar de inmediato".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: