www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

Oito equipos loitan por facerse co XLIII Mundialito da Xunqueira
Deporte • 26/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Logo de tres semanas de competición o Mundialito entra na súa fase final. Tan só quedan oito dos vintecatro equipos que comezaron esta edición e que esta semana medirán as súas forzas para facerse un oco na final que se disputa o vindeiro sábado. Entre estes equipos atópase o actual campión do torneo Reformas Cobi que tentará revalidar o título con conxuntos que tradicionalmente forman parte deste selecto grupo como Royal  Picasso,Rodavigo, Aquelarre ou Os Viaductos no que milita o ex xogador do Gran Canaria Juan Puertas. A eles súmanse o Marcón Arena, A casa de Miii e O equipo do Ferreiro.


Hoxe mércores disputaranse os partidos de cuartos de final cos seguintes horarios


20:30 Marcón Arena-Casa de Miii


21:00 Os Viadutos- O equipo do Ferreiro


21:30 Café Royal Picasso-Pub Aquelarre


22:00 Redovigo-Reformas Cobi


Encontros nos que se decidirá que equipos pasan ás semifinais, que se xogarán o xoves. Xa o sábado a Pista da Xunqueira acollerá a esperada final do torneo, un partido que previsiblemente chegará precedido por un encontro de veteranos, no que poderemos ver a xogadores clásicos deste torneo.


A directiva do club Redondela F.S., organizador do evento, agradece a participación a todos os equipos que un ano máis sumáronse a esta cita deportiva así como aos colaboradores e público que día tas día ateiga as bancadas na pista da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: