www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Música, obradoiros alternativos e actividades para nenos nun Festival en Fornelos
Cultura • 26/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os amantes da música, a natureza e a saúde teñen unha cita do 28 a 30 de xullo en Fornelos de Montes co festival "Presencia y sonido" que organiza a asociación Serhacer. Unha iniciativa dirixida a gozar desta espectacular contorna natural en familia, no que as distintas xeracións compartirán música, danza, talleres de ioga, taichi, risoterapia, conferencias relacionadas coa saúde e o benestar, ademais dun mercadiño de produtos ecolóxicos.


A cita está organizada pola asociación Serhacer, por un colectivo de terapeutas e músicos que elaboraron un amplo programa de actos no que as actividades ao aire libre centran o protagonismo. Ademais os asistentes terán a opción de quedar acampados na zona durante o tres días nun recinto habilitado polo Concello de Fornelos xunto ao río, onde os participantes poderán refrescarse e gozar da contorna.


As actividades arrancarán na tarde do venres 28 con obradoiros de risoterapia, a conferencia "O poder da medicina natural" e Ioga. Haberá un obradoiro de danzas do mundo e outro de tambores tibetanos.


O sábado e domingo as actividades desenvolveranse ne horario de mañá e arde con propostas vencelladas coa saúde e as terapias alternativas así como un roteiro pola contorna do paseo fluvial.


As persoas interesadas en participar poden realizar os seus reservas no teléfono 622093532 ou en www.serhacer.org. O prezo é de 60 eruso os adultos, gratuíto para os nenos menores de 14 anos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: