www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

O Castelo de Soutomaior supera as 10.000 visitas no que vai de ano
Cultura • 26/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Nos primeiros vinte días de xullo o castelo foi visitado por preto de 4.000 persoas, un 30% máis que en xullo de 2016, cifras que consolidan a fortaleza como un foco de atracción turística. De feito, segundo os datos da Deputación, no que levamos de ano xa foron máis de 10.000 as persoas que se achegaron ao recinto histórico.


Os datos rexistrados polo servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra manifestan que este ano os datos están a superar as expectativas de visitantes para o Castelo de Soutomaior. Así, soamente entre xaneiro e xuño foron máis de 6.000 as persoas que visitaron o recinto histórico destacando, ademais, as visitas en grupo. 


Xunto ás 6.000 persoas que visitaron entre xaneiro e xuño o Castelo, hai que engadir as preto de 4.000 que o fixeron nos primeiros vinte días de xullo e as máis de 600 que mercaron a súa entrada para asistir ás visitas teatralizadas organizadas pola Deputación de Pontevedra en Soutomaior. Ao respecto, a presidenta de Deputación Carmela Silva amosou a súa satisfacción porque "este ano, tan so uns días despois do comezo da venda das entradas, esgotáronse as prazas dispoñibles polo que estamos a pensar que, no 2018, quizás teñamos que incrementar o número de funcións para dar resposta ás demandas da cidadanía".


O servizo de Turismo Rías Baixas tamén está a detectar un interese crecente nas sendas do xardín botánico do Castelo de Soutomaior polo que a partir do ano que vén establecerase un sistema para contabilizar as visitas ao espazo exterior do castelo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: