www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 23 de Febreiro de 2019 |
Redondela aplaude nas celebracións do Día de Galicia o retorno a nosa terra do Pergamiño Vindel
Institucional • 24/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños A chegada a Vigo deste Pergamiño, un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa e un documento de excepcional relevancia para a historia cultural de Galicia, foi un dos argumento empregados hoxe pola concelleira de cultura Teresa París para lembrar a importancia da celebración do Día de Galicia nun acto no que tivo lugar a tradicional ofrenda a Castelao na Alameda. Xa pola noite, ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre, haberá un acto a prol da diversidade cultural e deseguido o concerto do coro Cantares do Brión. Con estas actividades o Concello de Redondela quere sumarse ás celebracións que rodean o día grande de Galicia. Logo do acto institucional desta mañá, no que se realizou a tradicional ofrenda a Castelao e a concelleira de cultura foi a encargada de ler un texto no que puña de manifesto a importancia da chegada temporal a Galicia do Pergamiño Vintel, que estará exposto a partir de Outubro no Museo do Mar de Vigo, os actos continuarán na tarde noite na praza da Casa da Torre.
|
Comentarios |
|
|
Audios relacionados co artigo |