www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

O concelleiro de deportes Julio Mougán regresa a Segunda División como técnico do Noia
Política • 21/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A súa incorporación como adestrador do conxunto noiés non suporá unha reestruturación no goberno de Javier Bas xa que o obxectivo de Mougán é compatibilizar o seu traballo como adestrador e as súas responsabilidades de goberno. O edil preside as áreas de deporte, xuventude e novas tecnoloxías.


Logo de semanas de negociacións o Noia Portus Apostoli Futbol Sala daba a coñecer nas últimas horas o nome do que será o técnico que dirixirá a este equipo na súa primeira tempada en Segunda División. E non é outro que o concelleiro de deportes de Redondela Julio Mougán que retoma así o seu traballo de adestrador ao fronte dun equipo que se marca como obxectivo a permanencia na categoría. Mougán, que xa ten experiencia na Segunda División dos anos nos que dirixiu ao Lanzarote, amósase moi satisfeito por volver ao Futbol Sala e facelo ademais como un dos 32 adestradores da elite deste deporte.


Asegura que as súas novas responsabilidades deportivas non suporán que descoide o "compromiso que teño con Redondela e co equipo de goberno" e confía en poder compaxinar as dúas labores como responsable de deportes no concello e como adestrador ao fronte do Noia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: