Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O I Tríatlon de Redondela no que participan 168 atletas obriga a pechar o tráfico no casco urbano
Deporte • 21/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Dentro da aposta que a Concellería de Deportes está a facer de cara a incrementar a oferta deportiva en Redondela, organizan en colaboración coa Asociación CAR o I tríatlon Concello de Redondela no que participarán un total de 168 deportistas. O percorrido, con inicio no peirao de Cesantes e posterior percorrido polo casco urbano e parte da estrada entre Redondela e Reboreda, obrigará a pechar as rúas do centro da vila entre as 15:45 e as 17:45, polo que se pide a colaboración veciñal.


A carreira contempla 750 metros de natación, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé con inicio no peirao de Cesantes. Será nos puntos de transición (porto de Cesantes e na Alameda) onde se produza a maior expectación por parte do público.


Un percorrido que obrigará e cortar o tráfico a partir das 15:45 para garantir a seguridade dos participantes. Durante aproximadamente dúas horas permanecerán pechadas a Avenida Mendiño, Ernestina Otero, Paseo da Xunqueira, Pai Crespo, José Regojo, Xoán Manuel Pereira, a estrada PO-250 ata a farmacia de Reboreda, a praza de Ribadavia, a II República, Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín. Dende o  concello agradecen a colaboración e comprensión dos veciños durante as dúas horas nas que o tráfico permanecerá pechado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: