www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

O Colexio de Laredo recibe o premio á innovación educativa da Xunta
Sociedade • 20/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A consellería de educación e ordenación universitaria concede un dos Premios Proxecta de Innovación Educativa a este centro educativo polo traballo realizado durante o último curso, un plan educativo enfocado á innovación, o traballo por proxectos e a posta en valor dunha xestión educativa comprometida coa calidade e as normas ISO.


Algúns dos proxectos desenvolvidos no último curso e que lles fan merecedores desta distinción son o proxecto "Buguina Contaminación Acústica" analizando a contaminación ambiental en Chapela, o proxecto "Roteiros Seguros" denunciando a través das novas tecnoloxías as rutas escolares do centro ou o traballo en convivencia escolar coa posta en marcha de diferentes estratexias para aprender a resolver os conflitos nos centros escolares.


O máis valorado do Plan educativo presentado foi que os proxectos aunan un modelo educativo no que a empresa privada, as diferentes consellerías da xunta, fundación e iniciativas de índole particular son axentes educativos que conflúen no día a día do centro.


De car ao vindeiro curso o colexio laredo será o único centro de primaria galego con inglés e francés obrigatorio no seu curriculo escolar e traballarase a educación emocional e o mindfullness na aulas. Contará tamén con formación en materia de neurociencia da man da Fundación Botín.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: