www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

Escola de vela en San Simón
Deporte • 19/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Centro recreativo e cultural de Redondela organiza dende o 26 de xullo ao 1 de agosto unha escola de vela que se vai desenvolver na Illa de San Simón e na enseada. A actividade, orientadas a nenos maiores de 9 anos e adultos, ten xa aberto o seu prazo de inscrición que rematará o vindeiro luns 24. As persoas interesadas poden inscribirse en horario de tarde na propia sede da entidade organizadora e ten un custe de 45 euros os socios, 60 os non socios.


Daniel Virulegio, presidente do Centro, explica que dende a chegada do seu equipo á directiva  marcáronse como unha das prioridades realizar actividades tamén no exterior do propio edificio e fomentar as de carácter deportivo. Neste caso, e logo do éxito das propostas en torno á vela desenvolvidas xa no ano pasado e durante este curso con escolares, deciden apostar por un espazo diferente "un lugar idílico para a práctica deste deporte como é a Illa de San Simón e a súa contorna".


As clases teóricas impartiranse nas instalacións da propia Illa e as prácticas terán lugar nos barcos de vela que ensinarán aos participantes a desenvolverse nas augas da enseada.


O prazo de inscrición está xa aberto e pode formalizarse na sede do Centro na rúa Ernestina Otero en horario de tarde. Máis información no teléfono 986 40 02 56.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: