www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Dúas cámaras na N-552 entre Redondela e Vigo controlan o uso do cinto de seguridade
Sucesos • 19/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os dispositivos están colocados nos kilómetros 4,35 (á altura da rotonda de Cabanas que da acceso á autoestrada en Rande) e no punto kilométrico 8,20 (no límite entre Chapela e Vigo) e súmanse a outros tres radares existentes na área metropolitana situados na A-55 a altura do seminario, na Avenida do Aeroporto e no coñecido como segundo cinturón.


Os puntos elixidos para controlar de modo automático o uso do cinto responden a alta accidentalidade da vía e aos niveles de ocupación da mesma. Dende a Direción Xeral de tráfico aseguran que o obxectivo prioritario da colocación destas cámaras, que levan funcionando dende mediados de abril con carácter informativo e que comezan agora a tramitar as sancións, é que todos os ocupantes dos vehículos cumpran coa obriga de levar correctamente colocado o cinto de seguridade ou o sistema de retención correspondente.


Aos infractores se lle remitirá unha carta na que se especifica o día, hora e lugar no que foi captado e se incluirá a fotografía para identificar ao condutor. A sanción ascende a 200 euros e tres puntos do carné.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: