www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Puebla e Mecos fanse coas Bandeiras masculina e feminina de Redondela
Deporte • 17/07/2017
Autor: Lorena Otero

Cumpríronse os prognósticos en augas de Arealonga e os remeiros de Puebla fixéronse coa XXXI Bandeira concello de Redondela de Traiñeiras mentres que na liga feminina foron as remeiras de Mecos as que conseguiron o primeiro posto. Os redondeláns quedaron últimos mentres que as remeiras locais alcanzaron o cuarto posto.


Duro enfrontamento o vivido este domingo en Arealonga entre as dúas embarcacións que encabezan a Liga Galega A de traiñeiras. Puebla impúxose aos líderes da categoría, Samertolameu e acurtan distancias de cara a conseguir o liderado do grupo, do cal os separa tres puntos. Os remeiros de Chapela remataron últimos cun tempo de 21.12:09.


Na Liga Feminina foron as remeiras de Mecos as que volveron amosar a súa superioriddade impoñendose a embarcación de Cabo de Cruz, segundas en entrar na meta. As remeiras locais foron cuartas cun tempo 11.23:34, malia todo mantéñense como segundas da clasificación a oito puntos da embarcación Mecos e empatadas coas remeiras de A Cabana Ferrol.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: