www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

O programa Cultura no Camiño chega a Chapela
Cultura • 17/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Alameda de Chapela será escenario neste mes de xullo de tres actuacións do programa Cultura no Camiño, pensado para dinamizar as programacións culturais dos concellos polos que pasan as diferentes rutas Xacobeas. A primeira será o sábado día 22 de xullo a cargo da compañía Fusionarte quen ofrecerá ás 20:30 horas o seu espectáculo "A peregrinaxe de vangarda".


Un espectáculo de danza e expresión corporal con acompañamento musical, que a compañía de Álvaro Muras leva a cabo en exteriores é a primeira das propostas que nos deixa este Cultura no Camiño en Chapela.


O 30 de xullo será a actuación do coñecido Mago Richard, co seu Show  ás 20:30 horas e nesa mesma xornada está previsto tamén un espectáculo para toda a familia "Residuo" da compañía de Manuel Lago e Kote Malabar, ás 21:00 horas.


Esta é a quinta edición de Cultura no Camiño, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) en colaboración con Turismo de Galicia, e que está patrocinado por Gadis, conta co respaldo de 98 concellos de toda Galicia para promover un total de 371 actuacións de diverso contido cultural que vai dende o teatro á música, a maxia, a danza e o novo circo, para encher as horas de lecer das tardes-noites, tanto para visitantes, peregrinos en ruta cara a Compostela, coma para os propios veciños de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: