www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Máis de 80 equipos compiten en Cesantes no campionato de balonmán Praia
Deporte • 14/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O torneo desenvolverase dende as 15:00 horas de hoxe venres ata o domingo, día no que estñá previsto que se disputen as finais. Estímase que serán preto de mil xogadores de todas as categorías os que participen desta cita con partidos que na fin de semana celebraranse entre as nove da mañá e as nove da noite.


A Praia da Punta de Cesantes será esta fin de semana un punto de referencia para todos os amantes do balonmán e, máis concretamente, do balonmán Praia coa celebración do Torno Concello de Redondela no que participan máis de 80 equipos de toda Galicia con presenza de numerosos xogadores procedentes da SAR e o Balonmán Chapela


Un deporte espectacular e dinámico, características que segundo Justo Olea Comesaña, organizador do evento, fai que teña moito tirón entre os xogadores, que se atopan en período de descanso da liga, e sobre todo entre o espectador que goza dunha modalidade deportiva con características propias e nun espazo diferente, como son os areais.


Os horarios serán hoxe venres dende as 15:00 ata as 21:00, e xa o sábado e domingo dende as 9:00 da mañá ata as nove da noite con encontros nas categorías senior, xuvenil, cadete e infantil en modalidade masculina e feminina e alevín mixto.


30 horas do mellor desta deporte que, como novidade este ano, xogarase en tres campos simultaneamente.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: