www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

O PP de Soutomaior non tramitou ningunha das mocións do BNG aprobadas polo pleno dende 2011
Política • 14/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG denuncia que aló menos dende o ano 2011 e ata agora o goberno popular de Soutomaior non tería tramitado ningunha das mocións presentadas polos nacionalistas e aprobadas en pleno.O voceiro do BNG Manu Lourenzo califica a situación de "escándalo sen precedentes". Varios avogados e profesores universitarios expertos en administración local consultados polo BNG coinciden en que se trata dun incumprimento da lei de tal gravidade que mesmo vulnera os dereitos fundamentais da veciñanza.


O escándalo saltou cando os concelleiros do BNG pediron explicacións a Agustín Reguera sobre por que non tramitara unha moción aprobada polo pleno que demandaba á Xunta de Galicia melloras para a sanidade pública de Soutomaior. Pero a sorpresa xurdiu cando, tras comprobar que os libros de rexistros "demostrouse que non constaba por ningures os documentos de saída de ningunha das iniciativas do BNG cando menos dende o ano 2011 ata a ctualidade".


Entre as mocións que o PP de Soutomaior escondeu no caixón se atopan mocións en defensa da educación pública , iniciativas para mellorar a sanidade pública, mocións de seguirdade vial, mocións en defensa das mariscadoras e en defensa de sectores estratéxicos e mesmo mocións contra a violencia machistas. Son mocións de enorme transcendencia para a veciñanza que o PP preferiu gardar no caixón antes que tramitala polo mero feito de ser propostas do BNG.


Asegura Manu Lourenzo que dende o seu partido pediron explicacións ao grupo de goberno "quen nalgúns casos recoñeceu abertamente que non se tramitaran as mocións e noutros achegaron escusas de mal pagador que non nos convencen".


Na rolda de prensa o voceiro do BNG estivo arroupado por todos os concelleiros do BNG que formaron parte das distintas coorporacións municipais, así como polo responsábel comarcal Demetrio Gómez Xunqueira  para denunciar un feito que " supón unha vulneración de dereitos absolutamente intolerable"


Ante o que cualifican de "escándalo" o grupo municipal do BNG consultou varios expertos, avogados e profesores universitarios especialistas en administraión local comprobando que todos eles coíncidían tanto na falta de precedentes deste atropello á democracia como no incumprimento da lexislación vixente que implica a actitude amosada polo PP durante anos e anuncian que non descartan poner en marcha acción legais ante estes feitos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: