www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Soutomaior oferta unha xornada de actividades náuticas
Deporte • 13/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A iniciativas parte da Concellería de Xuventude e vai dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos de idades que queiran gozar dunha xornada multiaventura na que participar de actividades diversas no mar. A cita será o xoves 20 de xullo e o prazo para se inscribir remata o día 14.


O lugar elixido para estas actividades son as costas de Moaña. Durante todo o día, parando para xantar nunha praia, realizaranse actividades como vela lixeira, windsurf, banana e donut náutico. As persoas interesadas poderán anotarse na OMIX antes do 14 de xullo ou ata cubrir prazas. A actividade ten un custe de 15 euros para empadroados/as e de 48 euros para non empadroados/as. 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: