www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Nunca é tarde (nin demasiado cedo) para aprender música
Cultura • 11/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Conservatorio e a Escola de música de Redondela teñen aberto o prazo de inscrición nos diferentes estudos que se imparten neste centro educativo. Ata  o vindeiro día 14 está aberto o prazo oficial para se matricular nos estudos do Conservatorio e durante todo o mes os que o desexen poden achegarse a estas instalacións, en horario de mañá, para coñecer cales son todas as ensinanzas nas que hai prazas vacantes. A directora, Elisa Arias, anima a todos os que o desexen a se inscribir "porque sempre teremos algunha opción adaptada a calquera idade e a calquera interese, para que ninguén quede fóra".


A matrícula no Conservatorio está máis restrinxida "moitas das prazas están ocupadas por xente que accede do curso precedente ou por aqueles que fixeron a correspondentes proba de acceso". Con todo, engade Elisa Arias que hai prazas aínda pendentes de cubrir polo que anima a todos os que poidan estar interesados a achegarse a esas instalacións situadas nas antigas escolas en Santa Mariña.


Máis doado é facerse con praza na Escola de Música, onde tamén se poden aprender multitude de instrumentos e se da cabida aos máis pequenos, con clases para rapaces a partir de tan só 3 anos de idade. Unha aprendizaxe que Arias recomenda encarecidamente "é un xeito de traballar a memoria e a atención dende idades temperás que adoitan recomendar todos os pedagogos". Lembra que se intentan organizar grupos en función da demanda existente.


Chamamento tamén aos adultos que ademais de acceder a un instrumentos teñen a posibilidade de se apuntar nas clases de linguaxe musical.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: