www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

O I Tríatlon Concello de Redondela reunirá a 250 deportistas
Deporte • 11/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A proba celebrarase o sábado 22 de xullo en horario de tarde e o prazo de inscrición para se inscribir está aberto ata o martes día 18. Os participantes deberán superar 750 metros a nado, 20 kilómetros sobre a bicicleta e 5 a pé, nun percorrido que arrancará no peirao de Cesantes.


Dentro da aposta que a Concellería de Deportes está a facer de cara a incrementar a oferta deportiva en Redondela, organizan en colaboración coa Asociación CAR a I tríatlon Concello de Redondela na que contemplan a participación dun total de 250 deportivas. O director da carreira, Miguel Fernández explica que ese é o límite establecido pola organización para esta proba na que confían se cubran todas as prazas "por tratarse dun deporte con moito seguimento na provincia e actualmente de moda grazas a deportista de renome como Javier Gómez Noya ou Iván Raña".


A carreira contempla 750 metros de natación, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé con inicio no peirao de Cesantes. Será nos puntos de transición (porto de Cesantes e na Alameda) onde se produza a maior expectación por parte do público, a quen Fernández anima a asistir por tratarse dun "deporte moi atractivo visualmente".


A inscrición, que ten un custe de 12 euros no caso dos deportistas federados, 12 euros máis o seguro para o resto dos inscritos, deberá realizarse on-line, a través da web da Federación galega de triatlón www.fegatri.org.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: