www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Visitas guiadas polo casco histórico de Redondela
Cultura • 10/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Tivo algo que ver Eifel na construción do viaduto? Ata onde chegaba o mar en Redondela? Por que o Cabo dos Fumeiros recibe ese nome? Como estaba dividida territorialmente a vila de Redondela no pasado?... pois a esas e outras moitas preguntas obteñen resposta as persoas que estes días están a participar da visitas guiadas que diariamente, entre as 19:30 e as 20:30, organiza o departamento de Turismo.


Entre os participantes se algunha queixa hai é a falta de tempo para ver todo o que ofrece o casco urbano  "nunha hora non é dabondo para coñecer todos os edificios e achegármonos a nosa historia" apuntaba unha das primeiras participantes nestes roteiros.


Certamente, o percorrido é difícil de englobar ao tempo que a guía vai narrando onde nos atopamos e cal é a historia que se agocha detrás de edificacións tan interesantes como os viadutos ou o Convento de Vilavella.


O itinerario dunha hora de duración arranca na Alameda ao carón da oficina de turismo, lugar no que se fan as reservas. Os grupos, cun máximo de 25 persoas, parte ás 19:30 e van coñecendo a historia da Vila dende as súas orixes ata o día de hoxe. Seguindo o itinerario histórico da publicación "A Vila de Redondela" a guía vai relatando diferentes feitos históricos como a antiga división entre Vilavella, Vilanova e Reboreda ou a vinculación do casco co propio mar.


As visitas serán de 19:30 a 20:30 as persoas interesadas en participar deben estar 15 minutos antes na oficina de turismo para inscribirse ata pechar o número máximo de persoas por visita que serán 25.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: