www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

David Civera actuará en Reboreda
Cultura • 10/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As festas patronais na honra da Virxe da Asunción, Santa Ana e San Roque, que amplían a cinco días as súas celebracións contarán tamén coa actuación do cantante Guillermo Castro así como as tradicionais orquestras. O programa arrancará o sábado 12 de agosto e rematará o mércores 16.


A actuación estelar deste ano será a do popular cantante David Civera, quen se subirá ao escenario no festivo do martes 15, xornada na que haberá tamén verbena amenizada pola orquestra Marimba.


Dende comisión de festa explican que a decisión de contratar esta actuación responde á necesidade de incluír nas festas patronais outro tipo de espectáculo máis aló das tradicionais orquestras co obxecto de atraer a todo tipo de públicos.


Neste sentido apunta tamén Javier Sotelo, presidente da comisión, que se inclúe no programa unha xornada orientada a público infantil e xuvenil no inicio da festa cunha discoteca mobil e tamén orquestras para animar as verbenas nocturnas como a orquestra Superfama, e Ceniza banda e grupos como o dúo Prisma, Aramio e a Charanga Vai de baile.


E como novidade de última hora tamén contarán coa presenza de Guillermo Castro, cantante e compositor vigués que actualmente está a presentar o seu último disco.


Con todo, é a presenza de Civera a gran atracción deste ano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: