www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Desfile de traxe tradicional galego no adro da Igrexa de Santiago
Cultura • 7/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Cultura organiza este sábado día 8 ás 21:30 horas a actividade "De gaita e tamboril" a cargo da Asociación Etnográfica Sete Espadelas . Por segundo ano en Redondela poderemos achegarnos a unha mostra de traxe tradicional galego no que se recollen todas as súas formas e usos, así como pezas únicas, algunhas delas procedentes de familias do municipio.


Durante a mostra poderemos gozar dunha exhibición dos modelos propostos, que serán presentados en vivo con descricións de cada un deles, elaboración, usos e valor histórico de cada peza.


A asociación etnográfica "Sete espadelas, é a encargada de tratar estes traxes para que sexan un auténtico goce para as persoas interesadas neste patrimonio cultural en torno ao traxe e as vestimentas tradicionais.


Esta asociación foi creada con ánimo de estudar, promover, reproducir e facer visibles o mellor destas roupaxes e as súas características máis recoñecibles así como outras que non o son tanto. O desfile celebrarse no adro da Igrexa parroquial de Santiago de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: