www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Encontro de música folk en Reboreda
Cultura • 7/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O torreiro de festas de Reboreda acolle este sábado un encontro de música folk coa presenza de catro formacións: Tarxa, Os Celtas de Taboadelo, Os Cuncheiros e o Carballo das Cen Polas. Unha actividade que aglutina na súa organización ás diferentes asociacións da parroquia, entre elas a propia Comisión de Festas de Reboreda que traballa xa no programa festivo que se celebrará a mediados do vindeiro mes de agosto.


A cita arrancará ás 20:00 horas no torreiro da festa e será unha tarde noite de música e tamén gastronomía, xa que se poderán degustar a prezos populares mexillóns e empanada.


A música chegará da man dos grupos vigueses Tarxa de Castrelos e os Cuncheiros de Lavadores. Actuarán tamén Os Celtas de Taboadelo, formación de Pontecaldelas e a presenza local correrá a cargo do grupo de Reboreda, O Carballo das Cen Polas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: