www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Crema de gaita, música folk con ritmos latinos na Casa da Torre
Cultura • 17/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A actuación será mañá sábado as 23:00 horas e está enmarcada dentro da programación das Noites Máxicas dos Viadutos


 A agrupación folk Crema de gaita actúa mañá na praza da Casa da Torre dentro da programación das Noites Máxicas dos Viadutos. Sobre o escenario atoparemos a oito músicos con instrumentos que van dende a gaita, o serrucho musical ou o saxo acompañados de percusión latinas e tradicionais. Todo elo para ofrecer ao público unha música que dende o folk achégase a ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova.


Deste xeito os lazos culturais que tradicionalmente unen Galicia e latinoamérica, en gran parte debido ao fenómeno da emigración, tamén van da man no repertorio que nos ofrece Crema de gaita con títulos como Tan galego, regueifa de San Salvador ou a muiñeira de Cascarexa.


Máxia


Hoxe tamén na Praza da Casa da torre poderemos asistir ao espectáculo de maxia de Román García “labirinto de ilusións”

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: