www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

Un adestrador profesional imparte na Casa da Cultura unha charla sobre comportamento canino
Deporte • 4/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os amantes dos animais e, máis concretamente, os propietarios de cans, teñen unha cita hoxe na Casa da Cultura ás 20:00 horas. O adestrador profesional e presidente do club de adestramento Terrameiga de Redondela, Luis Montero impartirá unha charla na que achegará aos asistentes consellos sobre o xeito no que debemos actuar co noso can se queremos que a nosa convivencia sexa máis doada ademais de garantir o seu benestar en todos os sentidos.


Na charla, que organiza a Concellería de Deportes, falarase das claves que hai que ter en conta á hora de educar ao animal, pero tamén aprenderemos a coñecer e recoñecer os seus xestos, aprenderemos a interpretar o seu comportamento e nos enfrontaremos con erros moi habituais, como o feito de humanizar ao animal ou pensar que por estar a realizar algunha actividades que para nós é pracenteira tamén o é para o can.


Explica Luis Montero que un dos problemas máis habituais que presentan os cans é o estress, motivo polo que se darán algunhas claves para identificar que temos un animal estresado.


A asistencia é gratuíta e os asistentes recibirán un agasallo. Como complemento a esta actividade desenvolverase en vindeiros día unha "concentración práctica" na que os participantes poderá achegarse co seu can para formular as súas dúbidas e recibir consellos sobre o terreo. Os interesados poderán inscribirse, tamén de xeito gratuíto, na charla de hoxe.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: