www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Xullo de 2018

O Choco incorpora a Yago Vázquez
Deporte • 4/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo de Redondela recupera ó defensa despois de seis meses no Avilés e aO Choco continúa o traballo de confección do equipo para a vindeira temporada e nas últimas horas pechou o regreso do canteirán Yago Vázquez, que os últimos meses estivo no Real Avilés, a onde chegou en decembro dende o equipo de Redondela. Tras seis meses, regresa ó club da súa formación e da súa localidade. O equipo asegura tamén a continuidade coas renovacións de Alberto Suárez, Gabi Misa e Marcos Pérez.


Yago Vázquez é un defensa de calidade que pode xogar como central ou lateral dereito. Destaca tanto na parcela defensiva como no xogo aéreo e nas incorporacións por banda de xoga no lateral. "Á súa indudable calidade futbolística engádese que é un futbolista da casa e formado no club, polo tanto unha absoluta prioridade para o Choco" explican dende o equipo.


Revacións de Alberto Suárez, Gabi Misa e Marcos Pérez


Por outra banda, o Choco pechou nas últimas horas a continuidade do mediocentro Alberto Suárez, que se une a Gabi Misa. Desta forma, o club de Redondela garante a continuidade dun estilo de xogo atractivo e de toque con futbolistas de clara


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: