www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Arturo González: Faremos todo o que estea na nosa man para que o terceiro carril non se abra
Política • 3/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concelleiro de infraestruturas defende a construción do muro de formigón que vai separar a autoestrada do colexio Igrexa porque suporá unha medida de seguridade para o actual centro educativo e o seu alumnado "que aló menos e ata o seu traslado ao novo centro na finca da Ginaria seguirá nese colexio un ano máis" e terán que convivir un tempo co tráfico da autoestrada "do mesmo xeito que o levan facendo tres décadas". Apunta ademais que os terreos do actual colexio "serán reutilizados para uso dos veciños e ese muro será unha protección para os que empreguen a parcela no futuro".


Lembra o edil que o polémico muro de formigón faise co beneplácito da ANPA e nega rotundamente calquera tipo de coacción como si teñen denunciado algúns pais e nais así como a asociación de veciños e os grupos da oposición.  "Se lle explicou a realidade que é que entre a actual situación na que a autoestrada pasa a carón do colexio sen ningunha protección e a construción dese muro que protexería dun hipotético colisión dun camión de ata cen toneladas, supón unha melloría considerable" engade González.


Lembra tamén que esta cuestión someteuse a votación na ANPA e que dende o Concello xa se solicitaron que ese terceiro carril "non forme parte do tránsito e que só sexa un carril de incorporación". Asegura que "no caso de que queiran poñelo en funcionamento plenamente faremos todo o posible para impedilo".


Confía en que "os que buscan crear alarma social" non enfronten aos veciños e que a construción do muro se realice sen incidentes "porque é unha mellora en beneficio de todos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: