www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Tai chi no verán na Alameda de Redondela e no Multiúsos de Chapela
Deporte • 3/07/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade, organizada polo departamento de Servizos Sociais, arranca hoxe 3 de xullo e prolongarase ata o 31 de agosto. E completamente de balde e o único que hai que facer é achegarse ben os martes e xoves á Alameda de Redondela ou os luns e mércores aos xardíns do Multiúsos do Piñeiral en Chapela en horario de 09:30 a 10:30 horas na Alameda de Redondela.


Coa chegada do bo tempo a actividade trasládase ao aire libre. Dende a Concellaría de Benestar Social, dirixida por Carmen Amoedo, animan a toda a xente a participar nunha actividade saudable dirixida a calquera idade. Esta actividade pretende ser unha forma de mantemento dos cursos levados a cabo durante os meses anteriores nos Multiusos de Redondela e Chapela e nas parroquias, dentro dunha idea de vida saudable e aire libre ligada coa práctica deste tipo de actividades que potencian os bos hábitos de vida, tanto de persoas xoves coma non tan xoves.


Convídase á veciñanza a practicar Tai chi nun espazo aberto e sen necesidade de inscripción previa dende o 3 de xullo ata o 31 de agosto, teñan ou non coñecementos desta disciplina.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: