www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Chapela estrea en Perillo a Liga Galega de Traiñeiras Feminina
Deporte • 30/06/2017
Autor: Ana Prieto

Oleiros será mañá sábado o escenario da LGT con dúas probas, a da LGA, e a regata feminina, que se estrea coa primeira proba puntuable. O barco do C.R. Chapela medirá as súas forzas co resto de equipos, entre os que destaca a calidade de Mecos e A Cabana.


A traiñeira feminina de Chapela disputa este sábado en Oleiros a primeira regata puntuable da tempada co obxectivo de situarse na cabeza da liga Galega Feminina, na que tres embarcacións aspiran ao título. Ademais do barco redondelán, Cabo da Cruz e Mecos presentan traiñeiras de alto nivel. O presidente da entidade, Julio Prado, analiza a tempada e destaca que o barco de Mecos terá moito nivel, malia que o de Chapela "non renunciará a nada". Na edición de 2017, a liga Galega de Traiñeiras reuniu a cinco embarcacións na categoría feminina, que disputarán sete regatas puntuables cun mes de xullo especialmente cargado. Ademais de Chapela e Mecos, están na competición Cabo da Cruz, A Cabana e Perillo. Prado salienta "o alto nivel do remo feminino galego" e o esforzo que fan algúns clubes e a Federación porque mellore cada ano. Tras a cita deste sábado, dispútanse regatas no Grove, Vilaxoán, Chapela e A Cabana. Todas elas en menos dun mes de competición. Despois, a liga autonómica para. Non haberá competición durante un mes ata o Teresa Herrera na última fin de semana de agosto. Servirá como previa á regata da Concha en San Sebastián.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: