www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Citas gastronómicas en Redondela: Festa do polbo no Viso e Festa da navalla en Chapela
Sociedade • 30/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A festa do Polbo do Viso organizada pola Comisión de Festas da Telleira confía en recibir un milleiro de persoas na xornada do domingo na que celebran a súa VII edición. En Chapela será o paseo marítimo o lugar que acolla a II edición da Festa da navalla organizada polo Círculo Cultural Recreativo da parroquia.


A Festa da navalla arrancará ás 12:00 horas no Paseo Marístimo de Chapela. Amenizada pola Asoicación folclórica O FIadeiro e os grupso de gaitas Froles Mareliñas, Os Xuveniles e Semente Nova,a organización despachará un total de 500 kilos de navallas que se ofrecerán a prezos populares (9 euros a ducia de navallas, 4 euros a ració nde empanada de millo e tres a de trigo). Pola tarde haberá festa da espuma para os máis pequnos a partir das seis.


Unha festa organizada polo Círculo Recreativo que convida tamén aos veciños a asistir este sábado a partir das 20:00 horas do VII festival de Habaneiras e música mariñeira coa actuación da Coral de Oleiros (A Coruña), Coral Armonía (Ferrol), Coral Amanecer (Gijón) e Coral Polifónica Frol Nova.


Na parroquia do Viso apostan por sétimo ano consecutivo polo polbo, cunha celebración que se adianta no calendario e que terá lugar este mesmo domingo a partir das 11:00 horas. A festa na Teixeira estará amenizada polo grupo de gaitas Taradelo e as pandereteiras Arela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: