www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

O CCD de Cesantes pon en marcha a súa Escola de Remo de Verán
Deporte • 29/06/2017
Autor: Ana Prieto

Está dirixida a rapaces e rapazas a partires dos 8 anos de idade, e tamén poden participar adultos. A actividade comeza o próximo luns, 3 de xullo e rematarán o 30 de agosto. As clases serán os luns, mércores e venres, en horario de 9.00 a 11.30 horas. O custe é de 10 euros ao mes.


O presidente da entidade, Jorge Rodríguez, agarda repetir o éxito da pasada edición, na que a escola de verán contou con ducias de participantes. Moitos deles integráronse no club, ampliando así as categorías base do club de remo. A celebración doutras actividades deportivas para nenos durante o verán, como o Campus do Choco, favorece tamén a "interacción" entre os clubs. De feito, tanto xogadores do C.D. Choco como de balonmán da SAR participan habitualmente na escola de verán de remo na praia de Cesantes, o que lles permite "coñecer outros deportes" e vivir novas experiencias.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: