www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

A empresa encargada das obras da AP-9 comprométese a facer cumprir o convenio laboral
Sociedade • 28/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A UTE Dragados-Grupo Puentes, que se encarga das obras de ampliación da ponte de Rande, trasladoulle á CIG que fará que as subcontratas que se encargan dos traballos cumpran o convenio en materia de xornada e de salario. Así llo trasladou a empresa ao sindicato nacinalistas nunha reunión celebrada logo da ocupación simbólica das obras por parte da central a semana pasada para denunciar as condicións laborais dos traballadores.


Na reunión que tivo lugar na sede da UTE en Chapela participaron o secretario nacional da CIG-Construción, Xoán Xosé Melón, e o comarcal da federación en Vigo, Carlos Méndez. Ao remate do encontro, os representantes sindicais explicaron que a compañía solicitou un prazo de tres semanas para transmitirlles ás arredor de 40 subcontratas que hai nas obras que teñen que cumprir o convenio provincial da construción en materia salarial e de xornada "en concreto a realización de xornadas laborais de oito horas e o pago conforme ao establecido no convenio".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: