www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Cáritas Redondela recibe do Concello 15.000 euros para axudar ás familias necesitadas
Sociedade • 28/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O concello de Redondela vén de asinar o Convenio con Cáritas dotado con 15.000 euros. Dende o goberno local apostan por colaborar con esta organización "integrada por voluntarios que prestan o seu tempo á axuda aos demais e que colabora axudando a moitas familias na nosa vila".


Un dos programas mais importantes que leva a cabo a asociación é a campaña de verán para a alimentación das familias con menores xa que en período vacacional non asisten aos comedores escolares e é Caritas a que se encarga de achegarlles unha alimentación completa e equilibrada mediante o convenio firmado co concello.


Cáritas comprométese a entrega de alimentos e produtos de consumo básico a persoas de risco de exclusión social e a loita contra malnutrición, con especial atención no ámbito da infancia e realización de talleres de habilidades sociais para a búsqueda de emprego.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: