www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Marcha en solidariedade coa Familia de Daniel Beltrán dende o IES de Teis ata Arealonga
Sociedade • 27/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A comunidade educativa do IES de Teis quere renderlle unha homenaxe á familia de Daniel Beltrán Pinto, antigo alumno deste centro que foi asasinado o pasado sábado 24 na praia de Arealonga. Por este motivo organizan unha marcha solidaria que partirá o mércores ás 11:30 horas dende o Instituto ata o areal no que un disparo acabou coa súa vida.


O obxectivo desta marcha, á que están chamados a participar os alumnos e pais e nais do centro, é concienciar ao alumnado "que está profundamente conmocionado" de que a violencia só trae morte ademais de amosar o seu apoio, cariño e solidariedade coa familia de Dani, cuxa irmá é alumna de 4º de ESO deste centro educativo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: