www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Xornadas formativas para o comercio local
Sociedade • 27/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación de empresarios organiza dúas xornadas formativas baixo o lema "Actualízate e dá un novo impulso ao teu negocio".  A actividade desenvolverase hoxe martes e mañá mércores no Multiúsos da Xunqueira en horario de 21:00 a 23:00 horas orientada a mellorar tanto a atención ao cliente como a presenza on line do comercio de proximidade.


A Asociación de empresarios organiza esta actividade co gallo de achegar aos comerciantes novas competencias que supoñan unha diferenza comparativa coa atención que o cliente poida recibir nas grandes superficies comerciais.


Ademais de achegarse consellos de como actuar tamén se explicará aos asistentes os erros máis comúns que se cometen como comerciantes. No caso da atención ao clientes salienta Modesto Gómez, da empresa Enxeño que un dos erros máis comúns é non mimar ao clientes, non traballar na fidelización. No caso das novas tecnoloxías o seu impacto require de pensar antes de actuar, porque unha vez publicada ou subido calquera mensaxe é moi difícil dar marcha atrás.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: