www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Virandeira actúa no VIII Festival Folk Illa de San Simón
Cultura • 23/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Cesantes celebra hoxe venres o seu festival folk con Airiños da Peneda e Virandeira. Unhao itava edición desta cita que se desenvolverá a partir das 22.00 horas na zona do Murallón e que será o arranque dunha noite na que se prenderá a tradicional fogueira de San Xoán a partir na medianoite. Os asistentes poderán degustar comida e bebida a prezos populares.


A banda viguesa Virandeira achega un repertorio que vai da música celta ao rock, unha mestura de xéneros, estilos e sons que se pdoerá escoitar esta noite cun grupo formado por Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Kike Carrillo (batería). Un festival que contará tamén coa música do grupo local Airiños da Peneda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: