www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Decembro de 2018

Servizos Sociais incorpora dous traballadores
Política • 22/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Departamento de Servizos Sociais vén de incorporara ao servizo dous traballadores sociais que se suman ao equipo existente en Redondela, co obxecto de que o período estival non repercuta nos usuarios. Unha das persoas contratadas desenvolverá o seu traballo en Redondela e o outro en Chapela. Estes traballadores forman parte do programa de becas da Deputación de Pontevedra.


Dende o departamento anuncian tamén que en breve será contratado outro traballador social para evitar que durante o verán se teña que baixar o ritmo e o departamento se resenta durante as vacacións do persoal.


Con este anuncio responden dende o goberno local ás críticas dos socialistas, quen acusaban ao PP de falta de previsión por non tomar ningunha medida de cara a evitar que os atrasos que xa sufren os servizos sociais "de ata tres meses nas citas e de bastante máis tempo na tramitación de axudas de emerxencia social" segundo a socialistas Digna Rivas. Atrasos que "poderían empeorar coa chegada do verán xa que moitos traballadores collen as vacacións que lles corresponden e verase agravado o problema da falta de persoal".


Entenden no PP que coa incorporación dos novos traballadores procedentes do Plan da Deputación poderá evitarse este problema.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: