www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Chapela acolle a presentación da campaña de prevención da violencia de xénero
Sociedade • 22/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A campaña "Prevención da violencia de xénero no ámbito veciñal" está impulsada por varios colexios profesionais e conta co apoio da Xunta e a colaboración do CIM de Redondela. A presentación terá lugar no auditorio do multiúsos do Piñeiral ás 20:00 horas de hoxe xoves e contará coa presenza da Presidenta do Observatorio Nacional contra a violencia doméstica e de xénero e vogal do C.G.P.J, Angeles Carmona Vergara.


O seu obxectivo é tratar de xerar a maior sensibilidade con este problema en todos os ámbitos onde a veciñanza poida supor unha axuda para as vítimas, é dicir, a través das asociacións veciñais de todo tipo, como das propias comunidades de veciños que conviven a diario con estas situacións e en numerosos casos non saben como actuar ou a quen acudir.


O número de casos deste tipo de violencia doméstica, de xénero, machista e contra a infancia, fai que sexa necesario facer chegar información e formas de procura de axuda ao nivel máis próximo a estas mulleres.


Escolleuse facer a presentación desta campaña en Chapela, por ser esta parroquia onde se produciu o primeiro caso de vítima mortal por estas causas, o pasado mes de febreiro, e que conmocionou a toda a veciñanza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: