www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

O festival "Sonoaire" encherá de música as prazas da vila
Cultura • 21/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Seis concertos, seis grupos e seis espazos diferentes é o que nos propón o festival Sonoaire que se celebra na tarde do vindeiro sábado en Redondela. Os artistas convidados a esta actividade organizada pola Concellería de Cultura son Caramuxo Vermello, Raúl & Cía., Soul & Roll, Denova, The Hendersons e RedOnBlack. As actuacións arrancarán ás 17:00 horas e o último dos concertos está previsto para as dez da noite.


O grupo redondelán Caramuxo Vermello será o primeiro en subirse ao escenario ás cinco da tarde na praza José Figueroa. O público deberá desprazarse unha hora despois a Casto Sampedro, onde actuarán os pontevedreses Raúl & Cía. As sete da tarde na praza de Ponteareas soarán os ourensáns Soul & Roll e a actuación de Denova, chegados dende Pontevedra, está previstas para as 20:00 horas na praza de Santiago.


Os vigueses The Hendersons e RedOnBlack serán os encargados de pechar a xornada. Os primeiros actuarán as nove na praza da Constitución e os segundos na praza da Casa da Torre as dez da noite.


"Grupos que farán vibrar aos asistentes a través de diversas propostas e unha gran variedade de estilos, orientados dende o público infantil ata a música disco, pasando polo pop, o rock, a rumba e o jazz" aseguran dende a organización.




Horarios:


CARAMUXO VERMELLO 17:00 – 18:00 Pza. José Figueroa


RAÚL & CÍA 18:00 – 19:00 Casto Sampedro


SOUL & ROLL 19:00 – 20:00 Pza. de Ponteareas


DENOVA 20:00 – 21:00 Pza. de Santiago


THE HENDERSONS 21:00 – 22:00 Pza. da Constitución


REDONBLACK 22:00 – 23:30 Pza. da Casa da Torre


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: