www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

Santo Paiño, os barrios reivindican as súas festas patronais
Cultura • 21/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Dende hai 8 anos un grupo de tan só 8 persoas decidiu recuperar a celebración na honra de Santo Paiño, no barrio de Santo Paio de Reboreda. Unha parroquia que arranca así cun programa de celebracións que continuará o vindeiro 8 de xullo cun encontro folk e xa a mediados de agosto coas festas grandes de Reboreda.


Reboreda inicia con esta cita, os días 24 e 25, un programa de actividades festivas que se van desenvolver nas vindeiras semanas. Neste caso é cunha modesta festa na honra de Santo Paiño, un santo neno que se celebra nese barrio de Santo Paio. O sábado haberá verbena cos grupos Los amigos del Ritmo e o trío Pentágono. Xa o domingo os actos relixiosos centrarán as actividades da mañá, cun encontro entre a Virxe de Reboreda e o Santo Paiño acompañadas ambas as dúas imaxes coas músicas dos gaiteiros Nosa terra de Pereiras e Sons do Castro. En horario nocturno, a partir das 22:30 haberá música cos grupos Relámpago e Os Mariachis Noche de Ronda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: