www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Inglés e música no campamento de verán da Escola de Música de Chapela
Cultura • 20/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Música, inglés, obradoiros, excursións, bailes, e xogos son algunhas das actividades que os nenos atoparán no campamento 2017 da Escola de Música de Chapela que este ano o centro educativo organiza en colaboración coa academia Big Stars English. O campamento, dirixido a rapazada de entre 3 e 11 anos desenvolverase na primeira quincena de xullo.


O obxectivo é que os rapaces teñan un espazo no que estar durante esa primeira quincena do mes na que están a gozar xa do seu tempo de vacacións. Co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar esta escola de música organiza esta actividade que, pro primeira vez, complementan con actividades didácticas en torno ao Inglés.


Música  e inglés serán así as principais protagonistas   dentro das diferentes actividades pensadas para nenos de 3 a 11 anos, que serán repartido en diferentes grupos de idades.


O campamento realizásese desde o día 3 ao 14 de Xullo en horario de 9 a 14 horas e ten un custe de 65 euros.


As persoas interesadas poden  inscribirse  e informarse  nas oficinas da Escola de Música de Chapela, e Big Stars English Academy en horario de 17:00 a 21:00h ou nos teléfonos 986452244- 636124635.


Por outra banda, durante toda esta semana a Escola de música ten en marcha unhas xornadas de audicións a cargo do alumnado da Escola, nas cales darán a coñecer os avances musicais realizado polos alumnos durante o curso 2017-2018. Todas as audicións realizásense na aula polivalente da propia escola, con entrada libre ata completar o aforamento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: