Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Diego Lorenzo regresa a Redondela para dar continuidade ao proxecto da SAR
Deporte • 20/06/2017
Autor: Ana Prieto

A marcha de Carlos Rey obrigou ao club redondelán a buscar substituto para o equipo de Primeira Nacional. Diego Lorenzo era a primeira opción, xa que coñece ben ao equipo e o traballo coa canteira. Para a próxima temporada o obxectivo da SAR é tentar repetir os éxitos desta campaña e ampliar a formación dos adestradores das categorías inferiores.


A chegada de Diego é moi positiva para Aurelio Krook "Lito", o presidente da SAR, xa que deixou "moi boas sensacións" na súa anterior etapa na SAR, e está na liña da filosofía do club no traballo coa canteira. O equipo é moi novo, con incorporacións mesmo de xogadores xuvenís. Por iso no club tentarán manter xogadores que achegen veternía, como o caso de Juan e Damián, que xa confirmación a súa continuidade, mentres que no caso de Antón a súa renovación está aínda pendente. O club tamén necesitou "reorganizar" a cordinación dos equipos no club, traballo no que colaborará Diego Lorenzo, xunto con xente da casa como Vero e Diego. Ademais este verán o club acollerá un curso de monitores impartido pola Federación de Balonmán, co obxectivo de que todos os monitores da SAR conten con titulación oficial. O presidente cualifica a pasada temporada como todo un "éxito", ao acadar o obxectivo da permanencia cos dous equipos de máxima categoría, mesmo superando todas as expectativas co equipo feminino de División de Honra Prata, que foron o "conxunto revelación" da liga.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: