www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Ronald regresa ao Choco
Deporte • 20/06/2017
Autor: Ana Prieto

O C.D. Choco vén de presentar a súa primeira incorporación. Trátase do lateral dereito Ronald Lezcano, que regresa ao equipo redondelán tras xogar a última tempada no Vilalonga, onde foi un titular habitual. O conxunto de Marcos Montes recupera así a outro xogador "da casa" no seu intento por contar co maior número de canteiráns posible.


O Choco continúa dando pasos para a confección do equipo de cara á vindeira tempada e nas últimas horas pechou a incorporación do lateral Ronald Lezcano, canteirán da entidade, e que a pasada tempada xogou no Vilalonga, onde disputou 26 partidos, 22 deles como titular. Ronald, de 21 anos, formou parte do Choco hai dúas tempadas e, malia contar con poucos minutos en Terceira, foi habitual na Copa Deputación. Marcos Montes tiña a intención de manter ao xogador no equipo, pero o futbolista decidiuse polo Vilalonga para dispoñer de máis minutos. O técnico volveu a insistir ao remate da tempada e Ronald aceptou regresar ao club onde se formou. Deste xeito, o Choco recupera a un futbolista da casa, xa que chegou á entidade redondelá con 13 anos. Ronald é un lateral alto e corpulento, de moita capacidade física e chegada á área contraria, polo que se adapta ben a proposta de fútbol ofensivo de Marcos Montes.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: