www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Abre o prazo para solicitar o permiso para a celebración das fogueiras de San Xoán
Sociedade • 7/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As persoas ou asociacións interesadas en celebrar a noite de San Xoán coas tradicionais cacharelas deberán contar coa pertinente autorización municipal. Dende a Concellería de Medio Ambiente lembran aos interesados que deberán entregar no Concello antes do venres 16 de xuño unha solicitude de autorización que poden descargar da páxina web do concello. Xunto coa solicitude haberá que presentar copia da póliza de Responsabilidade Civil e un plano de situación da fogueira.


O departamento de Medio Ambiente lembra que as persoas solicitantes serán responsables dos danos e perdas que se poidan ocasionar a terceiros. En canto aos requisitos que deberá respectar a fogueira, establécese que o volume do material combustible da mesma non superará os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura e que a separación entre as fogueiras e os edificios, árbore  s e demais obxectos que poidan resultar danados será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, nin na proximidade de produtos inflamables ou zonas forestais.


Prohíbese expresamente a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, e, en xeral, calquera substancia que poida desprender fumes tóxicos.


Ao finalizar a fogueira, antes de abandonar o lugar, os responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas e o lugar nas adecuadas condicións de salubridade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: