www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

Deporte, excursións, praia, veladas e moita diversión no XIX Campus do Balonmán Chapela
Sociedade • 6/06/2017
Autor: Ana Prieto

Un ano máis achéganse as vacacións escolares e con elas as ofertas de campamentos para os rapaces. Un dos clásicos en Chapela é o que organiza o club de balonmán da parroquia nas instalacións do pavillón municipal. Do 10 ao 15 de xullo ofrecen unha semana de diversión para nenos e nenas desde os 5 ata os 15 anos.


No campamento os participantes practicarán balonmán, pero tamén outros deportes. Antonio Sánchez "Bicho", un dos organizadores, explica que se trata dunha actividade coa que o club consolida "a súa canteira" ao tempo que ofrece ás familias unha alternativa de ocio saudable e divertida para os rapaces na época estiva. No Campus ofrécese moita máis que balonmán, xa que os participarntes practicarán outros deportes como volei praia ou sendeirismo. Pero tamén terán tempo para realizar actividades lúdicas, excursións, xogos de auga, concursos e ata veladas nocturnas, xa que pernoctarán dúas noites no pavillón. O XIX Campus Balonmán Chapela é unha boa alternativa para a conciliación familiar e laboral, xa que ofrece un amplo horario. As actividades comezan ás 10.00, pero xa desde as 8.00 hai monitores encargados de facerse cargo daqueles nenos que, por necesidade das familias, deben entrar máis cedo. Os rapaces comen e merendan no pavillón, e as actividades rematan ás 19.30. Agás o mércores e o venres, que teñen velada nocturna. O prezo da actividade é de 60 euros, e os interesados poden inscribirse no club, ou a través dos teléfonos 630.850.698 ou 661.493.235.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: