www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 17 de Outubro de 2018

O Chef Pepe Solla imparte unha masterclass no Colexio de Laredo
Sociedade • 6/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O cociñeiro falaralle ao rapaces sobre a importancia de adquirir coñecementos gastronómicos dende idades temperás e tentará transmitirlle ao alumando do colexio Laredo a importancia de seguir hábitos de vida saudables. A visita terá lugar este mércores.


A presenza de Pepe Solla servirá para que o chef exerza de xuíz de excepción no "I Concurso Plasticociñeiros", un certame no que participan os pratos de alta cociña elaborados polos rapaces con plastilina.


Unha entrevista realizada polo alumnado de 5º+6º e a elaboración dunha receita para o noso comedor a cargo do prestixioso chef será o broche final dunha visita moi esperada pola comunidade educativa que pretende abrir o centro a personalidades de diferentes sectores para diversificar os seus metodoloxías favorecendo a motivación do alumnado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: