www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

O Xuvenil B do Choco xa é equipo de Liga Galega
Deporte • 5/06/2017
Autor: Ana Prieto

Fin de semana de éxito para o Choco, que superou as eliminatorias para as fases de ascenso que tiñan en xogo tanto o seu xuvenil B como o filial sénior. Gañaron en Santa Mariña ao Figueirido e ao Cruceiro, respectivamente. E este mércores pelexarán pola Copa Deputación na final que disputan na Illa de Arousa ante o Estradense.


Xuvenil Choco B 3-0 Figueirido


Os rapaces do equipo redondelán remontaron a eliminatoria ante o Figueirido ao gañar por 3-0 e superar o resultado negativo da ida de 2-1. Deste xeito consiguen o ascenso á Liga Galega Xuvenil.


Choco B 5-1 Cruceiro


O filial goleou ao Cruceiro e gañou a eliminatoria ao superar a derrota por 1-0 da ida. Agora o Chobo B terá que pelexar pola praza polo ascenso a Primeira Autonómica ante o Zacande a dobre partido. Aínda está por concretar o día e hora da eliminatoria.


Copa Deputación


O mécores, día 7, dispútase no estadio Salvador Otero da Illa de Arousa a final da Copa Deputación. O Choco defende o título, e tentará facerse co trofeo por terceiro ano consecutivo. O rival será o Estradense, campión do grupo norte. A cita ás 21.15 horas.


Campus de Verán C.D. Choco


O C.D. Choco organiza un campus de verán dirixido a nenos e nenas desde os 3 ata os 12 anos, que se realizará nas instalacións deportivas de Santa Mariña. O campus, que se celebrará durante todo o mes de xullo, non se limitará á práctica do fútbol, senón que incluirá outras modalidades deportivas, actividades lúdicas, xincanas e xogos de auga. Iván Crespo, presidente do club, explica que se trata dunha das propostas do club para facilitar a conciliación familiar e laboral na época de vacacións escolares, a o tempo que promoven o deporte entre os máis novos dun xeito lúdico e divertido. O horario das actividades será das 9.00 ás 14.00 horas. Establécense dúas quendas, a primeira do 3 ao 14 e xullo, e a segunda do 17 ao 31 de xullo. Os interesados en inscribirse poden informase nas oficinas do club ou a través dos teléfonos 605.788.071 ou 678.415.501.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: