www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

"Los cuentos de Ití" de Ruth Galindo chegan ás bibliotecas
Cultura • 5/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As bibliotecas de Pazos, Redondela e Soutomaior promoven por vez primeira unha acción conxunta de animación á lectura que lles permitirá gozar durante toda esta semana da proposta infantil "Los cuentos de Ití" da contacontos granadina Ruth Galindo. A pirmeira das actuacións será este martes 6 ás 18:30 na Biblioteca de Redondela. O mércores 7 ás 13:00 horas visitará a de Pazos de Borbén e ás 18:30 na biblioteca de Chapela. O Xoves 8 achegarase ás cinco da tarde á biblioteca de Soutomaior.


As bibiotecas municipais de Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén ofrecen con regularidade espectáculos de narración oral para os cativos, pero tamén outro tipo de propostas dinamizadoras, coas que ademais de promover as gañas de ler, dan valor a estes centros como lugares para a aprendizaxe, a diversión e o encontro.


A realización destas actividades supón sempre un esforzo por parte destas bibliotecas, na xestión e, tamén no que toca aos orzamentos. A iniciativa da Biblioteca Municipal de Pazos de Borbén para coordinar a todos os centros bibliotecarios, da como resultado a primeira colaboración conxunta para a animación lectora das bibliotecas desta contorna coa  contadora proveniente de Granada: Ruth Galindo quen chegará coa proposta "Los cuentos de Ití", unha marioneta que conquistará o corazón dos pequenos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: