www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Semana de portas abertas na Escola de Música de Chapela
Cultura • 5/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A dirección deste centro educativo anima a todos os interesados a achegarse a súa sede para coñecer as ensinanzas que alí se imparten, visitar as instalacións e informarse de calquera cuestións vencellada con esta escola de música. As xornadas de portas abertas terán lugar durante toda a semana, dende hoxe luns ata o venres día 9 en horario de tarde, de 16:00 a 22:00 horas.


Participar nas clases de música, visitar as instalacións da escola, coñecer novos instrumentos ou informarse da oferta de ensinos musicais que ofrece o centro é o que se pretende con estas xornadas de portas abertas  que arrancan hoxe na Escola de Música de Chapela e que se prolongaran hasta o venres 9. Todos os interesados en achegarse a estas instalacións e coñecer máis datos sobre o funcionamento deste centro musical poden facelo nun amplo horario  dende as 16:00 horas hasta as 22:00.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: