www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

A maxia de Sherlock Holmes con Cayetano Lledó no Multiúsos
Cultura • 2/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O auditorio da Xunqueira acolle unha función de teatro familiar coa obra Os casos de Sherlock Holmes a cargo do mago Cayetano Lledó. A actuación terá lugar o domingo 4 ás 20:00 horas con entrada de balde. Un espectáculo de maxia teatralizada na que o famoso detective intentará resolver o caos do roubo das xoiais da Mansión dos Patterson.


O mago vigués Cayetano Lledó chega a Redondela cun galardón debaixo do brazo, xa que vén de recibir o segundo premio outorgado pola Federación Internacional de Sociedades Máxicas que se fallou recentemente na cidade suíza de Baden. Todo un recoñecemento ao ilusionismo que ofrece este mago que combina maxistralmente co teatro. De feito, os shows de maxia producidos por Lledó son espectáculos de arte dramático fusionado con maxia, nos que non falta o humor e tamén a participación do público que no espectáculo do domingo axudará a Serlock Holmes a descubrir quen é o culpable do roubos e como recuperar as xoias.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: