www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O filial do Choco e o xuvenil xóganse o ascenso
Deporte • 2/06/2017
Autor: Ana Prieto

Fin de semana moi especial en Santa Mariña. O Choco B xoga este domingo ante o Cruceiro o partido de volta das semifinais da fase de ascenso a Primeira Autonómica. Os xuvenís buscan ascender de categoría e chegar á Liga Galega Xuvenil. Xóganse o pase ante o Figueirido en Santa Mariña o sábado.


O Choco B xoga este domingo ante o Cruceiro o partido de volta das semifinais da fase de ascenso a Primeira Autonómica. Perderon na ida en Cangas por 1-0, pero a eliminatoria está aínda "totalmente aberta" e confían en darlle a volta na casa co apoio da afección. Iván Crespo, presidente do club, entende que o ascenso sería moi positivo para a entidade, xa que permitiría traballar coa canteira nunha categoría máis esixente, e preparalos mellor para dar o salto ao primeiro equipo. A cita é o domingo ás 18.00 horas. Antes, mañá sábado, teñen outra cita importante en Santa Mariña, a o equipo xuvenil. Están na busca de ascender de categoría e chegar á Liga Galega xuvenil. Xogan ante o Figueirido en Santa Mariña. Perderon 2-1 na ida e piden o apoio da afección desde as bancadas de Santa Mariña para dar ánimo e conquerir a remontada. A cita o sábado ás 18:00 horas


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: