Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Aberto o prazo para se inscribir no roteiro "Polas sendas da pesca"
Sociedade • 1/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Soutomaior continúa coa axenda do programa "Roteiros medioambientais: coñece o teu concello e arredores". Será o domingo 18 de xuño cun novo percorrido que vai levar aos participantes a percorre as marxes do río Oitavén. Inscrición previa na OMIX no Multiúsos de Arcade.


Polas sendas da pesca é un roteiro que comeza na casa dos Pescadores que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitavén. No camiño haberá ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e súa fauna. Poderanse visitar un par de muíños agochados entre a vexetación e, se o tempo acompaña, gozar dun baño nas augas do río.


A saída será ás 10:30 horas e estímase que o percorrido, de 4,8 kilómetros e dificultade media, finalizará ás 13:30 horas. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.


Inscricións previa nos roteiros: ata 5 días  antes de cada roteiro na OMIX  - Multiusos (Arcade) ou ata cubrir prazas. Para inscribirse haberá que presentar a solicitude na OMIX fisicamente ou ben enviala por correo electrónico a educacion@soutomaior.com pero IMPORTANTE que veña asinada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: